Latest / O que hai que escoitar

Efer 450 (31-10-18): Arqueoloxía da emoción na terra de María Castaña
Neste programa monográfico os protagonistas han ser un soñador e a morte. O soñador é o arqueólogo, e amigo, Xurxo Ayán que logo de andar a escavar e a investigar por Galicia e polo mundo adiante regresa á súa a súa Cereixa natal, na Pobra de Brollón para catalizar un proxecto de arqueoloxía pública. Os mortos son unha pequena e humilde comunidade labrega de hai uns oitocentos anos que repousa nun camposanto ao pe dunha ermida derruída edificada sobre o que era un castro mineiro romano que nos remonta case outros mil anos pra atrás. O caso é que estes defuntos son tamén veciños de Cereixa e…
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.